Skip to main content
ActualidadeVilalba

Lanzós celebra o sábado 20 a Festa da Xuventude

Por 19 Outubro, 2018Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Lanzós celebra o sábado 20 a sexta edición da Festa da Xuventude despois dun ano sen celebrarse.

A celebración contará con misa solemne ás 13.30 horas seguida da sesión vermú, que estará a cargo de Palladium.

O acto central do día será a comida campestre que consistirá nun menú a base de xamón cocido, churrasco, polbo, postre e café por un prezo de 25 euros. Para os menores de dez anos a comida será gratis.

A comida estará amenizada polo dúo Pedriñas e haberá disintas sorpresas para todas as idades ademais dun toro mecánico, inchables, lambetadas gratis e sorteos.

Pola noite, a verbena estará a cargo de Palladium e tamén da orquestra Marbella.

A organización informou de que o campo estará cuberto con carpa.