Skip to main content
ActualidadeVilalba

Bo comezo do Tdm Vilalba na primeira nacional feminina

Por 22 Outubro, 2018Sin comentarios

Esta fin de semana o Tdm Vilalba deu un paso máis na súa andaina na primeira nacional feminina, Ari, Alba e Sabela son as xogadoras que fixeron historia ao debutar na categoría máis alta do club para conseguido na súa curta andaina no tenis de mesa Villalbes.

Desprazáronse a Narón a desputar a primeira concentración desta categoría dependente xa da real federación española de tenis de mesa. Enfrontáronse ao grupo do sur formado por dous equipos de Pontevedra pertencentes ao Monteporreiro, un de Ribadumia e outro de cangas pertencente ao club Cinania. No primeiro partido da mañá enfrontáronse ao Monteporreiro cafetería Capri onde o equipo vilalbes Sanjurjo Moda perdía por 5-1. No segundo partido da mañá enfrontaronse ao equipo de Ribadumia onde perderonu por un axustado 4-3. As xogadoras do Sanjurjo Moda pésoulles un pouco o non coñecer a categoría e perderon o partido en xogadas puntuais achacables ao debut nunha categoría tan esixente.

Xa pola tarde chegaría a primeira alegría nesta categoría así o Sanjurjo Moda impoñíase por un contundente 5-1 ao Monteporreiro Promesas. Partido moi ben xogado polas tres xogadoras do Tdm Vilalba que nos fai pensar que farán unha boa tempada nesta categoría. E xa no segundo partido o Sanjurjo Moda perdía por 5-1 ante o Cinania feminino un equipo feito para ascender de categoría e que así o demostra na cancha.

Pois con dous puntos no marcador, o Sanjurjo Moda feminino preparará a segunda concentración que terá lugar o próximo 24 de novembro. En primeira galega o Basanta Souto desprazouse a Narón en xornada matinal o domingo onde se impuxo por 4-2 ao equipo local Asesoría Fricacris Narón. Partido en todo momento dominado polo Basanta Souto, que o vindeiro sábado a partir das cinco recibe na Matogueira Vizoso ao Dez portas Caixa Rural.

En segunda galega o equipo do Tdm Vilalba o Limpezas Garcia perdía por 4-0 ante o Promesas tm Concello de Ribadeo. O vindeiro sábado recibirá n tamén en Vilalba ao Cambre Tm un dos mellores equipos desta liga.