Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade celebrará a súa Carreira Popular o día 13

Por 12 Outubro, 2018Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará unha nova edición da Carreira Popular de Xermade, concretamente a novena, que terá lugar o sábado 13 de outubro de 2018 ás 17:30 horas, con saída da Praza do Concello (no caso de que o tempo non o permita será desde o pavillón polideportivo) e discorrerá por vías do Concello de Xermade.

A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou nacionalidade, que se distribuirán en diferentes categorías. Pitufos (nados en 2013 e posteriores), promoción (2011-2012) e sub 10 (2009-2010) percorrerán as distancias máis curtas, 150, 300 e 800 metros, respectivamente. Os sub 12 (2007-2008), sub 14 (2005-2006) e sub 16 (2003-2004) farán 1.600 metros. O resto de categorías xa farán o percorrido completo, que son 6.300 metros e que se dividirán en sub 18 (2001-20022), sub 20-23 (1999-1995) e sénior (1994-1983). Para os maiores haberá máster A (1973-1982), máster B (1963-1972) e máster C (1962 e anteriores).

A carreira absoluta dará comezo ás 18:20 horas para todos os grupos que fan todo o percorrido. Os máis pequenos terán a súa saída ás 17:30 horas, os de promoción ás 17:35 e os sub 10 ás 17:40. Dez minutos máis tarde faranno os atletas que fan o percorrido de 1.600 metros.

Ao tratarse dunha proba sen carácter competitivo, todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo. Na categoría de pitufos e promoción haberá medallas para todos os participantes.  Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.

Nas categorías dende sub-10 ata máster C haberá trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo. A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 19:00h. (no caso de que o tempo non o permita será desde o pavillón polideportivo).