Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol acolle unhas xornadas formativas sobre o castiñeiro e o porco celta

Por 4 Novembro, 2018Sin comentarios

A Asociación Carballo Vivo de Friol celebrará os días 6 e 7 de nocembro unhas xornadas divulgativas dirixidas a estudantes, técnicos, gandeiros e propietarios forestais, ademais de ser unha xornada aberta ao público que levan por título Sinerxias sostibles do castiñeiro e o porcino autóctono do tronco celta para a súa conservación.

O día 6 comezará ás 12:30 cunha Plantación de variedades tradicionales de castaño, para despois pola tarde visitar a explotación de porco celta en extensivo ás 18:00, visita que se repetirá o día 7 ás 13:30.

Os día 6 e 7 comezarán ás 11:30 e 10:00 respectivamente unha charla O castiñeiro: un sistema agroforestal sostible asociado con razas autóctonas porcinas, para despois pola tarde visitar a explotación de porco celta en extensivo.

Ás 16:00 e 11:30, será a charla Cría e manexo de razas autóctonas: Gochu Asturcelta.

Ás 17:00 e 12:30 será a charla Innovación na xestión silvopastoral con Porco Celta.

Os actos terán lugar no monte vecinal De Carballo, na estrada á Sobrado do Monxes.