Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte aproba unha moción contra a violencia no deporte

Por 26 Novembro, 2018Sin comentarios

O Pleno do Concello de Begonte vén de aprobar unha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista na que ademáis de condenar a violencia machista se tomou o acordo de retirar as axudas públicas que concede este organismo local a aqueles clubs ou entidades deportivas beneficiarias das mesmas que manteñan no su plantel a persoas ou deportistas que teñan sido condenados en firme por un tribunal de xustiza ordinaria por violencia verbal ou agresión.

Esta moción foi presentada de urxencia logo dos acontecementos que nas últimas semanas se veñen coñecendo e que parece que van en aumento coa incorporación de mulleres ós cadros arbitrais “e que están a ser obxeto de violencia verbal extrema, con insultos e comentarios machistas e denigrantes”, aclaran.

“É evidente que non basta con condenar os actos violentos. As administración e os seus representantes teñen a obriga de ir máis aló e poner os medios para atallar este tipo de conductas”, explicaban na súa proposta os socialistas.

“Recentemente, un árbitro foi brutalmente agredido por un xogador do SD Outeiro de Rei, e a día de hoxe, a pesar da presión nas redes sociais, este Clube aínda non condenou a actuación do seu xogador, a pesar de que foi sancionado a 9 meses de inhabilitación pola Federación Galega de Futbol; é máis, recibiu numerosas mostras de apoio por parte dos seus compañeros de plantel e coñecidos, o que indica a importancia de concienciar á sociedade en materia de violencia.
Sen dúbida a retirada de axudas públicas suporá un “incentivo” para os clubes a non permitir este tipo de actitudes”, engaden.

Na moción aprobada tamén se acordou dar traslado do acordo á Deputación Provincial de Lugo e á Xunta de Galicia así como instar a ambas institucións a seguir a mesma senda de retirar as axudas públicas a clubes, entidades e deportistas individuais que permitan por acción ou omisión actitudes violentas na práctica do deporte.