Skip to main content
ActualidadeMuras

A IV edición da Feira do Mel de Muras terá lugar esta fin de semana

Por 16 Novembro, 2018Sin comentarios

Tras o éxito das pasadas edicións da Feira do Mel de Montaña de Muras, o Concello presenta unha nova edición que ven cargada de sorpresas nun programa que, ao igual que o ano pasado, se reparte en dous días, o 17 e o 18 de novembro

O programa dará comenzo o sábado ás 16:00h no restaurante Pica Pan Casa Vituco, co segundo concurso de calidade do mel de Muras, no que se elexirá a mellor mel de montaña de Muras, despois de pasar un análise de laboratorio e unha proba de cata a cargo dun xurado especializado. A asistencia de público como observador da cata é gratuíto ata completar o aforo do local. A continuación terá lugar unha ponencia do técnico apícola Marcos Varela, que levará por título Mel de produción primaria.

Intervirá a continuación Agustín Arias, Coordinador da aula apícola municipal de Azuqueca de Henares (Guadalaxara) que presentará unha exposición e explicará a súa labor como coordinador. A continuación das charlas, haberá unha degustación gratuita de lacón e queixos para os asistentes. O peche a esta xornada o poñerá unha actuación musical.

O domingo a xornada comenza ás 11 da mañá coa apertura dos postos da feira do mel e da exposición do ecomuseo apícola de Azuqueca de Henares.
En torno ás 12:00h haberá un obradoiro para nenos que dará paso á mostra de xantares e degustación a cargo do chef Antonio Díaz.

Durante o xantar está prevista a actuación do dúo musical Minguante, e a tarde continuará con un obradoiro de cociña para nenos e a entrega de premios do concurso do mel poñerá o broche final a esta feira que conta coa colaboración da Deputación de Lugo e da Casa do mel de Goente.

A organización chama a asistencia de todo aquel que queira achegarse a esta IV Feira do Mel de Muras, xa que ademáis dun amplio e interesante programa, disporán de oferta gastronómica amplia e variada para pasar o domingo.