Skip to main content
ActualidadeMuras

Inaugurados novos accesos e iluminación en varias parroquias de Muras

Por 9 Novembro, 2018Sin comentarios

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o deputado pola comarca da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao alcalde e tenente alcalde de Muras, Manuel Requejo e Mario Rouco, supervisaron o resultado das melloras en accesos e sistemas de iluminación públicos executadas grazas ao investimento da Deputación de 175.000 euros. No seu conxunto, estas actuacións benefician a unhas 50 familias de núcleos rurais deste municipio, que desfrutan xa de estes novos servizos públicos.

As obras realizáronse nun total de 35 núcleos de 5 parroquias. Estas son: O Viveiró: Rebordelos, Aborbo; Muras: Santar, O Porto Novo, Cuíñas de Abaixo, As Cuiñas, Suaschousas, Debodas, Muras, Parapar, Baxin, A Carballosa, O Pico Verde, Rego da Parede, Picheira de Musdradas, Santar de Riba,  A Rúa, A Casavella, O Castro, Urban; Burgo: Carregal, Armada, Armada de Abaixo, A Casanova, Cal do Baño,  Seilán; A Balsa: Aguillal, Cotelo, Cabana; Irixoá: Sabucedo, O Pico, Samil, Xuncal; e Ambosores: Ameixeiras e Mouriscón.

O deputado pola Terra Cha destacou que “unha vez máis, dende o Goberno da Deputación amosamos o noso compromiso coa mellora dos servizos públicos que ofrecemos aos nosos veciños, e que non é un slogan, senón que se demostra con feitos e investimentos. Facémolo dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, sumamente social e rural, pois entendemos que a nosa finalidade é a de mellorar a calidade de vida dos veciños da nosa provincia”.

Melloras executadas

A través do orzamento de 175.000 euros da Deputación rehabilitáronse ducias de accesos rurais coa mellora do firme con rego asfáltico, que permite mellorar a seguridade destes accesos, ao tempo que evita a acumulación de barro durante as choivas. Ademais, tamén se executaron melloras en sistemas de iluminación públicas, dotando a ducias de núcleos de novos sistemas de iluminación led que ademais de ser máis respectuoso co medio ambiente, axuda a reducir a factura da luz ao Concello.