Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza engade tres depósitos ao control remoto

Por 15 Novembro, 2018Sin comentarios

Depósito de auga potable en Fonmiñá (A Pastoriza).

O Concello da Pastoriza continúa coa mellora do seu abastecemento municipal de auga coa instalación de novos controladores remotos en tres depósitos máis.

Segundo indicaron fontes municipais, A Pastoriza monitorizará antes de finais deste ano ou no comezo do vindeiro outros tres depositos máis, é dicir, controlaraos mediante unha aplicación informática que se pode manexar co móbil.

Esta idea púxose en marcha a principios deste ano en depósitos das parroquias de Corvelle, Gueimonde e Pousada. Agora os novos controladores poñeranse en funcionamento nas parroquias de Fonmiñá-Crecente, Bretoña e Vián.

Este sistema axudará aos técnicos a realizar as análises pertinentes máis comodamente ata os depósitos municipais. Aínda que para realizar estes desprazamentos contan cun Suzuki Vitara, xa que ten tracción ás catro rodas, que o Concello adquiriu por 14.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental máis 8.00 euros do propio Concello.