Skip to main content
Vilalba

O PSOE denuncia deficiencias no ciclo da auga en Vilalba

Por 13 Novembro, 2018Sin comentarios

“A veciñanza de Vilalba segue a recibir auga turba nos seus fogares desde hai máis de catro semanas”. Así o indica o grupo municipal socialista, que insiste unha vez máis na necesidade de mellorar o ciclo da auga para previr esta situación que afecta a algunhas das rúas da localidade. Así mesmo, afea ao goberno de Baamonde pola súa pasividade nesta problemática que impide a normalidade para consumo, cociña ou aseo de moitas persoas.

Desde o PSOE de Vilalba, ademais de denunciar esta situación que se repite varias veces no ano, veñen de anunciar que pedirán as analíticas dos dous últimos meses, así como un informe dos sistemas de filtrado e potabilización. “O ciclo da auga en Vilalba non é acorde ás necesidades da veciñanza”, afirma a voceira dos e das socialistas, Elba Veleiro. Neste senso, “as malas condicións do abastecemento súmanse ao mal funcionamento da depuradora, mentres o equipo de goberno segue sen dar explicacións máis alá das que lle pide a oposición por obriga”, subliña Veleiro.

Para o Grupo Socialista a situación vólvese insostible despois de moitas semanas, pois “cando a situación semellara solventarse e a auga deixou de saír enlodada, estos días aparece amarela e voltan as queixas veciñais que proban unha vez máis a xordeira arbitraria deste goberno”. Desde a oposición socialista critican a falta de explicacións sobre se “o alcalde se preocupou por coñecer a causa, falou coa empresa concesionaria para establecer posibles solucións, se ofrecerá á veciñanza afectada algún tipo de compensación por un servicio deficitario, ou se polo contrario pensa que o problema se solucionará só”.

Preto do final da lexislatura, o socialismo vilalbés traslada a necesidade dun relevo no goberno para “previr que as accións cortoplazistas de última hora, ou o que é peor, a inacción política no eido medio ambiental e de sostibilidade dos populares remate por convertir problemas bpuntuais e solventables en estruturais e, por tanto, máis difíciles de revertir”.