Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade realizará actos contra a violencia de xénero en dúas xornadas

Por 11 Novembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Xermade conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero os días 16 e 25 de novembro, con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.

Comezarán os actos o venres 16 de novembro coa campaña En Negro contra as Violencias, na que aproveitarán para inaugurar unha exposición da xoven artista xermadesa Alba Blanco. Este día completarase coa presentación do libro Invisibles da periodista Montse Fajardo.

Por último, o día 25 celebrarase a Andaina Xermada Contra a Violencia, unha camiñata solidaria de tres quilómetros. Ao rematar o percorrido, que comezará ás 16:00, os asistentes poderán degustar un chocolate con bizcocho, por cortesía da asociación Amuraxe.