Skip to main content
Burela

Burela agradece o traballo realizado no Festival benéfico da Fundación Eu Son

Por 29 Decembro, 2018Decembro 18th, 2023Sin comentarios

O concelleiro de Cultura, José Díaz, agradeceu o traballo realizado pola Fundación Eu Son no festival benéfico celebrado en Burela e tamén subliñou a presenza da actriz mariñá Estíbaliz Veiga, que actuou como presentadora.

O edil burelés dixo: “desde a Delegación de Cultura do Concello de Burela gustaríame agradecerlle o traballo da Fundación Eu Son no festival benéfico que fixeron onte, que congregou a moita xente e que estivo moi ben organizado. Houbo músicos invitados de moitísimo nivel da zona de Burela, músicos locais colaborando cos rapaces de Eu Son, que estiveron en todo momento moi concentrados, moi participativos e moi ilusionados con todo o que se fixo. A verdade é que produce pracer velos gozar, aprender e ver como a música para eles é unha terapia para sentirse mellor e para facernos a todos sentirnos mellor”.

Díaz tamén tivo palabras de agradecemento para a presentadora do evento: “tamén me gustaría agradecer a presenza como presentadora da gala da actriz mariñán Estíbaliz Veiga. Xa colaborou máis veces con nós, cando fixemos o festival de curtas co móbil, e sempre que falamos con ela para pedirlle calquera tipo de colaboración cultural ela préstase encantada. Ademais penso que foi moi boa mestra de cerimonias e por iso é xusto agradecerlle a presenza onte en Burela”.

O concelleiro de Cultura está convencido da continuidade deste festival: “seguro que se repetirá este festival benéfico que empezou o ano pasado, en 2017, e espero e estou convencido de que o ano que vén volverá facerse co mesmo ou máis éxito”.