Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo denuncia danos no tendido eléctrico

Por 19 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Cervo denunciou danos intencionados no tendido eléctrico das zonas de Río Cobo e Castelo por valor de 3.000 euros.
En concreto, cortaron mangueiras das arquetas do alumeado interrompendo o sumistro.
Dende que se tivo coñecemento da incidencia, os técnicos municipais tiveron que traballar arreo para facer o arranxo necesario.
Dende o Concello fan un chamamento ao civismo e reproban calquera tipo de comportamento que atenta, finalmente, contra o ben común, contra servizos que se prestan á veciñanza.
O asunto xa foi posto en coñecemento das forzas de seguridade que están trala pista dos responsables.