Skip to main content
Actualidade

Sabela está un pouco máis preto da final de Operación Triunfo

Por 7 Decembro, 2018Sin comentarios

Sabela, a concursante galega de Operación Triunfo, salvouse da súa segunda nominación na pasada gala do 5 de decembro e loitará a semana que vén por un oco na última gala do 12 de decembro.

Sabela está un pouco máis preto de meterse na final de Operación Triunfo 2018. Nesta pasada gala logrou o apoio do público para permanecer unha semana máis na academia fronte a Marta, a última expulsada do concurso ata o momento. E esta pontesa lográbao interpretando unha salsa O cuarto de Tula, do supergrupo cubano Buena Vista Social Club. Foi todo un reto para a galega no que non só tiña que interpretar un clásico do son jarocho senón que ademais debía poñer a bailar a todo o público que asistía ao plató de OT.

Con todo isto, a galega non logrou facerse cun dos pases directos á final que foron para Natalia e Famous. Así que deberá esperar ao mércores 12 de decembro, cando o xurado e o público escollan aos outros tres concursantes que chegarán á gala final do 19 de decembro. Se Sabela chega á final, será o segundo ano consecutivo que esta gala terá acento galego. Na edición de 2017 Miriam Rodríguez poñía o toque galego e logrou a terceira posición.

Pero Sabela non necesita chegar á final para reivindicar a súa galeguidade. A primeira vez que tivo que enfrontarse ao veredicto do público facíao en galego con Benditas Feridas de Rosa Cedrón. Pero non era a única vez que a das Pontes cantaba en galego dentro da academia. Ata se atreveu con Negra Sombra. O seu morriña por falar en galego de xeito cotián, o seu bo facer coa pandereta que deixou á profesora de baile, xa forman parte da historia de Operación Triunfo.