Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei xa ten gañadores do certame de postais de Nadal

Por 11 Decembro, 2018Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Outeiro de Rei vén de dar a coñecer a relació de premiados no Certame de potais Nadal 2018.

Na categoría I (ata 8 anos) resultou vencedora María Clara López Rodríguez (3º de Primaria) seguida de Nerea Escolante Fernández (2º Primaria). A participante que acadou co seu traballo a maior puntuación e cuxa postal será utilizada como felicitación de Nadal é a de Olivia Vázquez Zapata (3º Primaria).

O xurado tamén concedeu dous accésits a Mauro Díaz Lastra (2º Primaria) e Asier Otero Bartolomé ( 1ºprimaria).

Na categoría de 9 a 11 anos resultaron gañadores Andrea Cabado López (5ºA Primaria), Brais García Veiga (4ºA Primaria) e Bruno Díaz García (4ºA Primaria) con accésit para Antía Otero Bartolomé ( 6º Primaria).