Skip to main content
ActualidadeMeira

A Banda Municipal abrirá o programa de Nadal en Meira

Por 20 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Meira organiza unha serie de actividades para os días de Nadal. Comezarán o día 23 cun concerto a cargo da Banda Municipal de Meira, que estará adicado ao cine. Será na Casa Cultura ás 21:30. Ademáis haberá moitas sorpresas de temática cinéfila.

O día 27 chegará o Planetario Ciencia Kids Fulldome Space, unha actividade cientifica a partir das 16:30 no pavillon de deportes.

O día 28 de decembro será o momento do taller de manualidades de nadal para nenos de 4 a 14 anos, en horario de tarde e na aula de cursos da Casa Cultura, onde poderán aprender a facer adornos, cintas ou postais entre outros.

Por último, o día 5 pola tarde será a esperada Cabalgata de Reis, que  sairá da praza do Concello e chegará ao pavillon, onde recibirán aos nenos e lles darán caramalos e agasallos.

Tamén dende o Concello colaboran co Belen vivinte na igrexa Santa María de Meira, o cal estará representado polos nenos dos colexios é terá dous pases, o da misa de Nadal e no día Reis.