Skip to main content
Actualidade

O BNG de Castro de Rei organiza unha homenaxe a Anxo Lamas

Por 27 Decembro, 2018Sin comentarios

Representantes do BNG de Castro de Rei oganizaron a primeira xuntanza para organizar unha homenaxe a Anxo Lamas. Esta xuntanza tivo lugar no teleclube de Bazar e nela participaron representantes da asociación Xermolos, Amigos da Feira, Valdi, Mero, Os Valuros, Rey Stolle e todos os grupos políticos.

Acordouse, a proposta do BNG, facer unha mostra anual de artesanía e un concurso, tamén anual, de debuxo e poesía no que poden participar as nenas e nenos dos colexios da comarca, para iso, estánse a elaborar unhas bases polas que se van a rexir os citados concursos.

Aproximadamente a mediados do mes de xaneiro vaise celebrar outra xuntanza para definir e estruturar as diversas actividades que se van a desenvolver e á que está invitada toda aquela persoa que queira participar.