Skip to main content
Actualidade

A Garda Civil identifica a un condutor co permiso de conducir falso

Por 28 Decembro, 2018Sin comentarios

A Garda Civil identificou no transcurso dun punto de verificación de alcohol e drogas na estrada LU-115 (Outero de Rei – Castro Ribeiras de Lea) á altura do quilometro 10,500 ao condutor dun turismo que presentaba un permiso de Condución Internacional Senegalés, que unha vez comprobado ofreceu indicios de falsedade aos axentes, e tras identificalo a través doutros documentos, púidose descubrir que non consta que obteña nunca permiso ou licenza de condución en España. O condutor, un home de orixe senegalés de 41 anos e residente en Lugo, foi investigado como presunto autor dun delito de falsedade documental e outro Contra a Seguridade Vial por conducir sen obter nunca permiso ou licenza.

O delito de falsedade documental atópase castigado no Código Penal Español con penas de prisión de seis meses ata tres anos e unha multa de seis a doce meses. Os delitos contra a seguridade vial, ben por conducir sen obter nunca permiso ou licenza, ben por facelo habendo esgotado o saldo de puntos asignados teñen unha pena no noso ordenamento xurídico de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.