Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras dirixe unha campaña solidaria de recollida de alimentos e xoguetes

Por 22 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Muras protagoniza unha acción solidaria este nadal de recollida de xoguetes e alimentos que serán doados a famlias e menores en situación de vulnerabilidade.

Ata o 5 de xaneiro na Farmacia de Muras haberá dúas caixas: unha para xoguetes (novos, usados e libros) e outra para alimentos non perecedoiros. O concello organizará despois os envíos para a entidade coa que colaboran, a Asociación Dignidad, que ten sedes en Ferrol e Viveiro onde atende a colectivos en risco de exclusión social; mulleres, familias, infancia e maiores.

“Dende o concello de Muras e coa colaboración da Anpa do CEIP Antía Cal, decidimos que entre todos podíamos achegar algo, xa que a asociación atende a máis de 300 familias con necesidades: toda axuda é necesaria”, explican.