Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Satisfacción tras a primeira reunión de seguemento do Life Fluvial

Por 13 Decembro, 2018Sin comentarios

Rábade acolleu a primeira reunión da Comisión de seguimento do Life Fluvial, do programa LIFE da UE, que en colaboración coas Universidades de Santiago e Oviedo, o Ibader e outras institucions, entre as que se atopa o Concello de Rábade, dirixe Pablo Ramil.

“Consideramos moi satisfactorio que as primeiras actuacións deste programa, que supón un investimento de mais de 3.000.000 de €, e que abrangue cauces fluviais de Asturias, Lugo e A Coruña, estean sendo executadas na nosa vila, e ademais con notable éxito, segundo quedou reflectido na xuntanza da comisión, e na visita ás zonas de actuación”, explicou o alcalde, Xosé Fernández Montes.

“As actuacións de mellora nos habitats do cauce do Río Miño o seu paso por Rábade e da Lagoa do Rei, coa eliminación de especies invasoras e enfermas, e mellora do espazo, e a repoboación de especies autóctonas, suporá un gran revulsivo para esta zona tan apreciada, cunha gran mellora xa perceptible, pero que quedará totalmente reflectido cando rematen as actuacións no vindeiro ano”, engadiu.