Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba desvela o seu programa de Nadal

Por 7 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba presentou este ano un variado programa de actividades para este Nadal, entre as que inclúe máis de 20 propostas con actos deportivos e culturais.

A programación, que arrincou xa o día 1 de decembro cun Recital de Nadal a cargo dos alumnos do conservatorio de música, deu paso ao espectáculo dos Bolechas, o 6.

Na segunda fin de semana de decembro celebrarase no pavillón municipal o IV Torneo do Circuito Galego FGTM.

O día 9, ademais, o Mago Yunke traerá o seu espectáculo Conjuro.

O día 14 será o esperado concerto de Los Secretos e o sábado 15 será o momento do musical Vaya Santa Claus.

A semana seguinte, as actividades comezarán o venres 21, coa cita da tradicional Feira do Capón, despois de pasar unhas xornadas gastronómicas por 15 locais de hostalería desde o día 17. O 21, tamén será o V Recital Poético Solidario Internacional e o 22 a Festa da Xuventude na Praza da Constitución coa música de Alkar.

O domingo 23 os actos volverán ao auditorio co programa Malo Será e o luns 24 Papá Noel chegará de visita a Vilalba ás 17:00 na Praza da Constitución.

O 25 a banda de música de Vilalba organizará o clásico Concerto de Nadal, e desde o xoves 26 ao sábado 28, instalarase unhas casetas navideñas para acoller diversos talleres infantís, obradoiros de cociña, manualidades, colchonetas, ou karaoke.

Súmase á programación a animación musical polas rúas entre o 26 e o 28, un photocall coa temática dunha bóla de neve para o día 29 e o ballet Sherezade e Chopiana, programado para o día 30 ás 20:30 horas.

Xa para xaneiro está prevista a cabalgata de Reis o día 5 e o XXXIII Festival de Panxoliñas o día 12. No que se refire as actividades deportivas, haberá un torneo de tenis de mesa, a IV San Silvestre o 30 de decembro e a III Gala do Deporte o 19 de xaneiro.