Skip to main content
ActualidadeVilalba

Cruz Vermella Vilalba organiza unha coctelería solidaria

Por 14 Decembro, 2018Sin comentarios

Este sábado 15 de decembro ás 23:00 horas a Cruz Vermella de Vilalba organiza un evento solidario no 80/20 Cafe&Cocktail bar que colabora coa entidade.

O acto consistirá na venda e elaboración de cócteles de todo tipo para recaudar fondos que serán doados integramente á campaña #juguetessolidarios de Cruz Vermella Vilalba. De feito, todos as bebidas terá un prezo único de cinco euros.

Para esta gran festa contarán cos mellores barmans de Galicia como Josinho Mera, Pablo Pose, Roberto Martínez e Moisés Matínez, que colaborarán de forma totalmente altruísta.

Dende o bar recoñecen todo o apoio que están a recibir por parte de empresas como dos propios barman que acuden ao evento: Distribuciones Nistal, Vermuteria La Fabulosa, Ron Legendario, Carpers Gin, Distribuciones Varpen.

Trátase da primeira vez que se organiza un evento destas características que sen dúbida dará un punto de vista diferente a un sábado noite.