Skip to main content
ActualidadeVilalba

Os queixos vilalbeses, entre os mellores de Galicia

Por 20 Decembro, 2018Sin comentarios

Cinco dos seis premios principais entregados na XXI Cata dos Queixos de Galicia corresponderon a produtos da provincia de Lugo e deles dous son queixos de Vilalba.

Este evento está organizada pola Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (AGACAL) coa colaboración dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexidas de queixos existentes en Galicia: Queixo Tetilla, Arzúa- Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa. Prémianse os mellores queixos elaborados polas industrias inscritas nos rexistros de cada unha destas catro denominacións.

En concreto, os cinco finalistas lucenses na primeira categoría -ouro- foron Don Crisanto de Vilalba -que obtivo dous premios-, Artelac de Antas de Ulla, Gran Despensa de Samos, e Santo André de Castroverde. A empresa Fontelas, de Vilalba, foi finalista na categoría prata, e Doniberto de Vilalba obtivo dúas mencións nos bronces. Outra variedade de Artelac mereceu un quinto premio.