Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade celebrará un campamento para nenos durante o Nadal

Por 10 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará este nadal un campamento de Nadal para axudar na conciliación da vida familiar e labora nestas datas.

O campamento terá lugar entre os días 26 a 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro entre as 11 e as 14.00 horas. Tamén haberá horario de madrugadores desde as 8:00 horas se hai un número mínimo de nenas e nenos que soliciten o servizo.

Haberá un total de 50 prazas para as que as inscricións poden realizarse no concello ata o 14 de decembro no Rexistro do Concello.

O campamento, que se celebrará no pavillón polideportivo, está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e terán prioridade os que estean empadroados no Concello.

Os participantes coñecerán durante estes días a Aledín e as súas amizades. Realizaranse xogos de ciencias, cociña, deprotes e aventuras con moitos movementos e música.

Os interesados en obter máis información, poden solicitala na educadora familiar a través do teléfono 982 501 001 ou na segunda pranta do Concello.