Skip to main content
ActualidadeXermade

A biblioteca municipal de Xermade gañou o Premio María Moliner 2018

Por 28 Decembro, 2018Sin comentarios

Por terceiro ano consecutivo, a biblioteca municipal de Xermade gañou o galardón do Premio María Moliner para fomento da lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes. Este premio está convocado polo Ministerio de Educación e con el se premian os mellores 300 proxectos de animación á lectura.

En Galicia recibiron este premio 14 bibliotecas e na provincia de Lugo acadárono: Sober, Saviñao e Xermade.

O proxecto premiado en Xermade leva por título Pasen y lean: Atrévete con los libros e ocupa o posto 149. Este proxecto reúne unha exposición detallada de tódalas actividades de animación á lectura programadas para o 2018. Os criterios de valoración dos proxectos foron: a claridade, a orixinalidade e innovación, as boas prácticas na labor bibliotecaria, a planificación e a viabilidade dos proxectos.

O galardón consiste nun premio en metálico por un importe de 1.706,66 euros, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte e que vai destinado exclusivamente á compra de libros e revistas culturais.

Este xa é o cuarto María Moliner que conseguiron (2012, 2016, 2017, 2018) e para eles é o mellor agasallo de Nadal; ademais dunha moi boa fonte de financiación para actualizar o fondo bibliográfico, contando sempre coas suxerencias dos usuarios da biblioteca