Skip to main content
AMARIÑAXABarreiros

A moción da Plataforma Sanitaria por un servizo de pediatría de calidade foi aprobada tamén en Barreiros

Por 29 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

De novo a  moción da Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña por un servizo de pediatría de calidade foi presentada no Concello de Barreiros e acadou o voto favorable de forma unánime. Nunha sesión plenaria abarrotada de veciñas e veciños , a moción foi defendida polo portavoz do colectivo, Víctor Vila, tras cederlle o seu primeiro turno de palabra o grupo municipal do Bng e ser este aceptado pola corporación.
“Desde a Plataforma Sanitaria queremos de as grazas a todos os gupos políticos que conforman a Corporación Municipal polo seu voto favorable. Agardamos que esto non quede só nun xesto e se traslade á Xunta o acordo unánime tomado en Barreiros, para que comecen a traballar na solución deste grave problema sanitario que afecta tamén aos veciños Concellos de Mondoñedo e Lourenzá”, manifesta Víctor Vila.