Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXACervo

O concello de Cervo colocou información nas praias sobre a presenza dos lobos mariños

Por 7 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Por iniciativa do concello de Cervo colocáronse carteis informativos nas praias sobre a presenza dos lobos mariños nesta tempada de decembro a abril.
Así, o  CEMMACetaceos establece un protocolo de actuacións en caso de atopar un lobo mariño na costa, como prender ao can no caso de pasear con el e levalo solto, non achegarse nin molestar ao animal, e chamar ao 112 ou ao 686 989 008 de se observa algo extraño. Os carteis están  dispoñibles en todas as praias.
Os lobos mariños poden vivir dentro e fóra do auga porque son mamíferos acuáticos igual que a foca e a morsa, que son os seus parentes. Por mor do seu parecido físico, estes animais adoitan ser a miúdo confundidos.
Diferéncianse das focas por posuír orellas visibles e facilidade para camiñar sobre a terra, pois as súas extremidades posteriores están dirixidas cara a adiante e son funcionales no desprazamento terrestre, aínda que están mellor adaptados para nadar.
Polo xeral, os machos adultos pesan ao redor de 300 kg, dobrando o peso das femias, e posúen unha capa de pelo castaño avermellado sobre o pescozo, razón pola cal tamén chámanos leóns mariños.