Skip to main content
ActualidadeViveiro

Comezan as obras da rúa Calexa de Celeiro

Por 10 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A partir da semana que ven comezarán as obras de Pavimentación e servizos na rúa A Calexa, en Celeiro. As obras consisten no aumento de sección de tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais, dotación de rede separativa de pluviais e reposición de sumidoiros, reposición de abastecimento de auga potable, saneado de rede de alumeado público coa substitución do cableado e a eliminación do tendido existente polas fachadas. Dotación de canalización de suministro eléctrico e de telecomunicacións. Pavimentación da rúa con formigón impreso antideslizante sobre soleira de formigón armado.
O orzamento previsto para a obra é de 44.462,38 euros. Con motivo destes traballos, a partir do luns e durante o tempo de duración da obra, cortarase a rúa entre a intersección coa rúa Rúa Grande e Rúa Lavandeiras; por este motivo, lémbraselles aos veciños con garaxes na zona que, se o desexan, retiren os vehículos antes do inicio das obras para poder facer uso deles.
Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.