Skip to main content
ActualidadeCervo

Villares asegura que o Concello de Cervo aposta polas políticas de emprego

Por 11 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou que “as Políticas de Emprego, son un dos piares sobre os que se asenta o traballo que estamos a desenvolver desde este equipo de Goberno”, e así queda reflectido no orzamento que redactamos para o ano 2019, que foi aprobado no día de onte nun pleno extraordinario, cos votos a favor do PP.
O rexedor destacou a partida dirixida á bolsas de formación remuneradas para as que se destinan 140.000 euros “concibidas para ofrecerlle á mocidade ese primeiro contacto co mundo laboral que lles reporte experiencia que lles poida resultar útil e abrilles portas nun futuro próximo”.
Villares recordou que a apertura do Centro de Día Residencia, ademais dun servizo necesario e fundamental para as familias e os noso maiores, foi unha aposta importante tamén polo emprego, xa que supuxo a creación dunha trintena de novos postos de traballo estable”.
Con este mesmo fin, precisou que tamén foi creado o Centro de Emprendemento de Sargadelos, no edificio rehabilitado das antigas cabalerizas; “no que poñemos a disposición 6 locais por un prezo simbólico de 20 euros mensuais, para favorecer o emprendemento, e que aquelas persoas con ideas orixinais e novidosas poidan comezar a desenvolver a súa actividade nunha contorna única que recibe, ademais, moitos visitantes ao longo de todo o ano”. Nas instalacións xa está en marcha desde o verán o centro ecuestre Cabaliño de  Pao, e próximamente van abrir as súas portas un café bar cultural e un establecemento de alimentación ecolóxica. A día de hoxe quedan aínda locais dispoñibles.
Outra das medidas que se tomaron para impulsar a creación de emprego foi a baixada de impostos (ICIO, IAE, IBI) para a implantación e fixación de empresas no termo municipal. Esta iniciativa xa está a dar froitos “unha firma que está instalada no noso Concello vai realizar unha inversión de 15 millóns de euros, que suporá a creación de 30 postos de traballo”. Por esta medida o Concello de Cervo recibiu o certificado de “Concello Emprendedor”, un título outorgado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fegamp.
Villares apuntou que tanto “a actividade do Centro de Día Residencia como a desta empresa que amplía as súas instalacións é perdurable no tempo, polo que  falamos do apoio ao fomento de emprego estable e con garatías”. O orzamento do Concello de Cervo para o ano 2019 ascende a 7.710.667, 27 euros, unha cifra nivelada entre gastos e ingresos.