Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Marta Saiz, concelleira de Ciudadanos en Ribadeo, abandona a formación

Por 22 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Marta Saiz, concelleira de Ciudadanos en Ribadeo, abandona esta formación, pero seguirá mantendo a súa acta como edil no Grupo dos Non Adscritos ata finais do actual mandato municipal.
A concelleira ribadense confirmou que “hoxe iniciei os trámites para causar baixa voluntaria nesta formación, na que estiven traballando nos últimos catro anos. Segundo parece Ciudadanos está tentando formar unha candidatura de cara as vindeiras eleccións municipais e como eu non quero ser un obstáculo, prefiro dar un paso ao lado, xa que decidín hai varios meses non continuar formando parte deste proxecto político”.
Marta Saiz engadiu que “como sempre fixen vou seguir traballando por Ribadeo e polos seus veciños e veciñas, pero agora como concelleira non adscrita”.