Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Rematan as obras de mellora da planta de bombeo da depuradora municipal

Por 25 Xaneiro, 2019Sin comentarios


O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de finalizar as obras de mellora da planta de bombeo da depurador municipal. A actuación, que contou cun Orzamento total de 40.000 euros, fíxose con cargo ao Fondo de compensación ambiental que financia a Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
As obras de mellora leváronse a cabo ao longo do pasado mes de novembro na estación de bombeo de augas residuais (EBAR) previa á planta emprazada no lugar do Coto.
En concreto as obras consistiron na limpeza e adecuación da contorna, adecuación exterior de los cerramentos da estación de bombeo, substitución do solo, mellora dos equipos de funcionamento e manobra, mellora do sistema de pretratamento mediante a instalación dun cestón de grosos e mellora dos equipos de elevación de auga da EDAR.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, destaca o traballo e o esforzo inversor que o equipo de Goberno está a facer para garantir a mellora e mantemento das infraestruturas hidráulicas do municipio. Así, recorda que o Concello está a manter reunións periódicas con responsables da empresa Aqualia, encargada da xestión dos servizos de auga e saneamento no municipio, co obxecto de garantir a súa prestación nas mellores condicións e na procura de solucións aos problemas que poidan rexistrarse.