Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Medio Rural publica as axudas por sacrificio obrigatorio de animais

Por 7 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia publicou a orde da Consellería do Medio Rural das axudas para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades para o ano 2019, cun orzamento de 750.000 euros.

Os beneficiarios destas achegas serán os titulares de explotacións gandeiras correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de que de forma obrigatoria por orde da consellería (autoridade competente en sanidade animal) tivesen que sacrificar gando por mor da aplicación de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades animais.

Para ter dereito a estas indemnizacións é imprescindible cumprir a normativa en vigor sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal. Ademais, tamén será de obrigado cumprimento estar ao día dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais; que as explotacións gandeiras estean correctamente rexistradas; e que sexa efectivo o sacrificio obrigatorio dos animais, ordenado pola Consellería do Medio Rural.

O prazo de presentación das solicitudes será desde mañá ata o día 29 de novembro de 2019, ambas datas incluídas no cómputo do prazo. A tramitación do procedemento de concesión das indemnizacións levarase a cabo durante todo o exercicio orzamentario do ano 2019. Os órganos xestores tramitarán, ademais das indemnizacións correspondentes ao ano 2019, todas as indemnizacións que quedasen pendentes do exercicio anterior.

O enlace ás axudas é:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190104/AnuncioG0426-181218-0003_gl.html