Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto cubrirá a pista de pádel

Por 16 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Riotorto iniciará nos próximos días as obras para colocar unha cuberta na pista de pádel da localidade, ubicada no lugar do Mazo, fronte a Cárnicos Río.

Esta obra ten un orzamento de 51.528 euros, dos cales vai financiar a Consellería de Medio Ambiente nun 70 % e o resto estará a cargo do fondos propios do Concello.

A obra consistirá en dotar esta instalación deportiva con chapa tipo sandwich e cunha cúpula que dea clariadade ao interior.

ÁREA RECREATIVA DO MAZO

Por outra banda, o concello está redactando os pliegos para volver sacar a licitación o bar restaurante da área recerativa do mazo, situada na estrada de Ferreiravella. Na próxima xunta de goberno aprobaranse o prego de condicións e sairá a licitación. O alcalde do concello, Clemente Iglesias, indicou que xa hai unha persoa interesada en facerse cargo desta infraestrutura turística e de fondo carácter patrimonial.