Skip to main content
ActualidadeRibadeoSociedade

A carteira real recolleu as cartas dos nenos e nenas ribadenses

Por 3 Xaneiro, 2019Sin comentarios
Foron moitos os nenos e as nenas que esta mañá se pasaron polo Teatro, en Ribadeo, para facerlle chegar as súas cartas e debuxos á carteira real chegada desde Oriente co obxectivo de repartir moita ilusión e algúns premios entre os participantes no concurso “Queridos Reis Magos”.

Estivo dende o mediodía ata as oito do serán. A carteira real volverá mañá, día 4, a recibir aos máis pequenos e pequenas da casa. Desde Acisa aníman a todos os pequenos a que se acheguen a saudala e a presentar as súas cartas e debuxos ao concurso.

Haberá dous premios, que consistirán en dous grandes xoguetes. O fallo do xurado darase a coñecer o 12 de xaneiro durante a VIII Festa do Comercio, que se celebrará no parque de San Francisco a partir das 20:30 horas.