Skip to main content
ActualidadeBarreiros

Barreiros acolle desde este mes unha serie e cursos de informática

Por 9 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A Aula CeMIT do Concello de Barreiros organizará cursos de informática a partir de xaneiro. Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril e as persoas interesadas poderán formalizar a inscrición na Aula CeMIT ou no Concello, sita no Teleclub de San Cosme.
Desde a Aula CeMIT Manuel Pérez, o axente TIC de Barreiros, explica que “a idea é poñer en marcha unha batería de cursos para que as persoas que non teñan experiencia previa no mundo da informática poidan iniciarse dende cero, e as que si a teñan poidan seguir adquirindo cada vez máis coñecementos.”
Dende o Concello convidan a participar nestes cursos a toda persoa que teña curiosidade polo mundo das novas tecnoloxías.