Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXACervo

Alcoa estaría disposta a manter durante 6 meses as factorías de Avilés e A Coruña

Por 10 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A empresa do aluminio Alcoa estaría disposta a manter as series de electrolisis das factorías de Avilés e A Coruña durante seis meses para que se poida reiniciar a actividade por se xurde un inversor, sempre e cando os traballadores, cuxa participación é necesaria no proceso, estean de acordo.
Para poder manter activa a pranta, Alcoa estaría disposta a levar a cabo un apagado das series de electrolisis destas factorías de aluminio para que queden en condicións óptimas para renovar a actividade industrial, pero para ditas operacións sería necesaria a cooperación de todos os traballadores, xa que un apagado repentino das series de electrolisis faría que se solidificaran as cubas e o metal quedaría duro dentro das mismas, o que faría que non se puidera renovar a actividade.
Dende a fábrica insistiron que para que o apagado sexa controlado é necesario chegar a un acordo cos traballadores, cuxos representantes reuníronse estes días coa dirección da empresa para falar sobre o expediente de despedimento dos traballadores das dúas fábricas, que empregan a 686 traballadores.
O mantemento das instalacións para que poidan volver ser operativas é algo que xa se fixo na pranta da empresa de fabricación Vestas en Villadangos do Páramo (León), aínda que no caso das prantas de aluminio ten unha maior complexidade técnica.