Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABurelaMar AMARIÑAXA

O PP acusa ao alcalde de Burela de non ter elaborada documención sobre a traseira de Capitanía Marítma

Por 16 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Burela denunciou hoxe “unha máis das falsidades e enganos de Alfredo Llano, que leva catro anos lanzando titulares de prensa anunciando xestións que logo se quedan en nada. Se no seu día denunciamos as mentiras e incumprimentos do alcalde en relación co cambio de ubicación do mercado, do plan de tráfico, da peatonalización de certas rúas, da ordenanza de terrazas, da RPT, do novo pavillón, etc., hoxe temos que denunciar o engano que fixo reiteradamente aos veciños coa pretendida ordenación do espazo portuario detrás de Capitanía Marítima”.
Desde o Grupo Municipal Popular afirman que “o pasado día 2 presentamos un escrito solicitando acceso a toda a documentación referida á indicada actuación. O propio alcalde respondeunos ao día seguinte, o día 3, e non foi ningunha sorpresa a resposta: envíanos a documentación existente no Concello que consiste nun único escrito dirixido polo alcalde a Portos de Galicia o 17 de novembro de 2015 solicitando unha entrevista do Presidente do ente. E non hai nada máis”.
Os edís do PP definen esta situación como “a demostración da incapacidade deste alcalde de xestionar e da súa extraordinaria vagancia: non foi capaz de elaborar nin tan sequera unha memoria do que segundo el se podería facer nese espazo. Non foi capaz de preparar un pequeno plano de ordenación desa zona; non foi capaz, en definitiva, de trasladar a Portos ningún tipo de documentación para poder traballar sobre a mesma”.
Desde o Grupo Municipal Popular aseguran “non entender facilmente a tendencia á mentira compulsiva do alcalde porque estamos convencidos de que el mesmo se cre as súas ilusións, cando o certo é que a súa xestión é igual a cero e a súa capacidade de traballo é nula. Iso si, a súa capacidade de engano e mentira supera os límites da dignidade humana”.
“Pero que ninguén se engane: Llano dirá que a culpa será de Portos de Galicia por non facer ningunha proposta. Unha vez máis, el non asumirá o fracaso da súa xestión”, conclúen os edís populares.