Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAAMARIÑAXAMondoñedo

Investidos 174.000 euros para a renovación de 41 hectáreas de pasteiros en montes

Por 19 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Nos últimos meses desenvolveuse un proxecto para a instalacións de sistemas silvopastorís en cinco montes veciñais de man común dos municipios de Cervantes, Mondoñedo e Folgoso do Courel, nos que investiu 174.000 euros.
As actuacións que xa están rematadas lograron a extensión e renovación de 41,6 hectáreas de pasteiros. Afirmou que estes pastos permiten a utilización de sistemas extensivos de alimentación do gando compatibles co aproveitamento forestal que poidan ter outras zonas dos montes.
No caso concreto de Cervantes, investironse 71.480 euros nesta actuación, que serviu para crear 18,5 hectáreas de novos pasteiros, 7 delas no monte de Vilar de Mouros e 11,5 no de Vilaver.
En Folgoso do Courel investironse 91.400 euros, neste caso para renovar 23,13 hectáreas de pastos, das cales 13,75 están no monte das Rozadas e 9,3 no de Seceda. Polo que respecta a Mondoñedo, a intervención consistiu na construción dunha manga para a condución do gando no monte de Tronceda, cun orzamento de 11.000 euros.
Os traballos executados  incluíron en moitos casos a escavación en desmonte e o arranque ou acordoado de cachopas, para despois gradar, rotular ou rozar o terreo, segundo os casos.
Tamén se construíron infraestruturas de mobilidade, como pasos canadenses, que evitan que escape o gando que se cría en réxime extensivo, e mesmo se arranxou un camiño no monte de Seceda. Por último, realizáronse peches perimetrais e instaláronse bebedoiros e comedeiros para o gando en distintos puntos do terreo acotado.
Hai un mercado crecente para os produtos alimentarios de calidade baseados en métodos de produción tradicionais, que son compatibles coa obtención de rendibilidade para os produtores e poden contribuír a fixar poboación nova no rural.