Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os Populares de Ribadeo analizan as “promesas incumpridas” do alcalde

Por 18 Xaneiro, 2019Sin comentarios

ribadeo

O Grupo Popular de Ribadeo segue a analizar os “incumprimentos” do alcalde de Ribadeo e do seu equipo de goberno xa que como dín “o programa electoral do BNG do ano 2011 da para seguir traballando ata o 2022 polo menos”.

“Atopámonos coa promesa de drenar e renovar o céspede do Estadio Pepe Barrera, e a estas alturas o alcalde está pedindo axuda a outras administracións para levalo a cabo. Tamén íamos ter pistas de skate, paddle, tenis e atletismo, así como a planificación dun campo de fútbol 11 artificial pero todo debe seguir na fase de plans, porque a vista está que non se executou”engaden.

Respecto as infraestruturas viarias que supostamente deberían ter xa no 2015 según os populares serían un paso soterrado por debaixo da liña de FEVE na zona dos Garitos, a ponte de Ove sobre a liña do tren ampliada, unha ponte peonil sobre a circunvalación nos Malatos. Tamén prometeron novas prazas de aparcamento aínda que cada día hai máis rúas peonís, o que está ben, pero sen ningunha previsión de aumentar aparcamentos, ou o saneamento para o rural, pero a cousa vai demasiado lenta nalgunhas parroquias e noutras nin sequera soñan con el.