Skip to main content
ActualidadeVilalba

Sancovade celebrará as súas patronais o día 19

Por 14 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Sancovade en Vilalba celebrará as súas festas na honra de San Antón o día 19 de xaneiro. Comezarán cunha misa solemne, para despois seguir coa tradicional procesión e a sesión vermú co Grupo Atenas.

Xa pola noite seguirán amenizando a gran verbena o Grupo Atenas e Cinema. Se o tempo non permite a celebración da festa, trasladarase a un campo cuberto con carpa climatizada.