Skip to main content
ActualidadeVilalba

Abre o prazo de inscrición para a Ruta BTT do queixo de San Simón

Por 28 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Club Ciclista tera Chá celebrará un ano máis a Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa, que terá lugar o 6 de abril, coincidindo coa celebración en Vilalba da popular feira. Nesta ocasión, a ruta desenvolverase entre os concellos de Vilalba, Muras e Xermade e terá tres percorridos diferentes, de 35, 48 e 68 quilómetros. As tres probas contan con diferentes niveis de dificultade, así como dificultades técnicas e físicas.

A saída e a chegada terá lugar na praza da Constitución de Vilalba onde se estará a celebrar tamén a feira e despois de tanto desgaste repoñerase forzas cunha comida no Restaurante Montero.

Como todolos anos cada participante levará un queixo cortesía da asociación de queixeiros de San Simón e como novidade un tarro de mel cortesía do Concello de Muras.

Esta desenvolverase a partir das 9.00 horas da mañá e está previsto o seu final sobre as 14.00 horas.

O club abriu xa o prazo de inscrición, que pode realizarnse a través da web www.galitiming.com, e que finalizará o día 2 de abril.