Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Activismo ou negocio. A diferenza non sempre está clara

Por 15 Febreiro, 2019Sin comentarios

Por Marta R. Engroba

Se hai algo que sempre se me reprochou, ou, polo menos, desde que a memoria me alcanza, foi o meu idealismo e a miña inxenuidade.

Nunca fun todo o práctica nin o realista que se me repetía que debía ser, e, en lugar de afanarme en chegar a ser unha “muller como é debido”,  preocupada por facer unha carreira que me procurase unha economía saneada, por atopar un home “de ben”, e con unha economía ainda mellor que a miña e, por suposto, por ser un exemplo en canto as tarefas domésticas, que deberían ser a miña prioridade, sempre escoitei que tiña moitos paxaros na cabeza e que así nunca chegaría a ningures.

O paso dos anos demostrou que, efectivamente, non respondín as expectativas que puxeron en min, e non atopei o chollo da miña vida. Tampouco  fun un exemplo de ama de casa desas de revista, nin moito menos atopei o home perfecto. Por desgraza, nese aspecto, din con todo o contrario.

Pero nin así escarmentei. Seguín a crer na boa vontade dos seres humanos, e mais ainda no caso dos que decían dedicarse a defender causas nas que verdadeiramente paga a pena  volcarse, sen pasárseme pola mente nin por un so intre que o interés se agochase detrás do que se nos amosaba como altruismo.

E así estaba cando decidín comezar a miña loita contra a violencia de xénero, e, case sen decatarme, me din de bruzos con eso que se lle da en chamar activismo. Nun principio, a vista de certas cousas que non deixaban de sorprenderme e que non me cadraban, cheguei a crer que a culpa era miña.

Eu era a recién chegada, e, porén, seguramente non alcanzaba a entender o xeito de actuar de moita xente que se dicía comprometida, e tal vez debera aprender dela porque, a vista estaba, era certo que seguía a ter moitos páxaros na cabeza.

Ainda así, algo non me encaixaba, concretamente cando se trataba de violencia de xénero e do discurso de quen dicía axudar a vítimas que estaban a sufrila, pero que non movían un dedo por elas. De feito non coñecían a ningunha nin por foto, e o que digo é literal, xa que, por non saber, moitas veces nin siquera se enteraban cando unha muller era asasinada porque non collían un xornal nin para limpar os cristais.

Pola contra, manexaban sempre unha cantidad inxente de papeis, que presentaban aquí e alá e que, curiosamente, sempre redundaban en beneficio económico e laboral de quen lideraba o “chiringuito” de turno e  dalgunha que outra acólita escollida por ela, que calaba, otorgaba e asinaba. Isto non soamente non lles provocaba problema algún, se non que era aceptado polas “altas esferas”, que as premiaban con facelas aparecer como “favoritas” en eventos varios, e as apoiaban dando por bo, e mesmo poñendo como exemplo o que dicían facer, malia que nunca se materializara….Daba o mesmo!. Decidín poñer terra por medio, porque eso non era o que eu buscaba.

O meu desexo era axudar a vítimas de violencia de xénero, pero de verdade,e, por suposto, non pretendía encher os petos a costa da súa desgraza.

Emprendín o camiño de Si, hai saída, apoiada por outras cantas “insensatas” coma min, que tamén crían no que estaban a facer, algo que, afortunadamente, segue ocorrendo a día de hoxe, pero, co paso do tempo, decatámonos de que, malia que estábamos a dedicarnos única e exclusivamente ao noso traballo, molestábamos, algo que evidenciaban os case contínuos intentos de sacarnos da circulación. Non entendíamos nada, porque, como xa dixen, eramos, e somos, un grupo de insensatas, ata que, por fin, caimos na conta de que o que ocorría era que non encaixábamos para nada nese suposto activismo que tanto predican, e co que, obviamente, non temos nada que ver. A explicación é ben sinxela.

Hai certo activismo que precisamente deso, de activismo, tan so ten o nome, porque, na realidade, son sinxelamente empresas, que camufladas baixo a apariencia de colectivo altruista  evitan facer fronte a certas obrigas, básicamente económicas, pero que revirten en ganancias para quen as dirixe, ademais de prestixio social e, en non poucas ocasiòns, en campaña política, ou, cando menos, nun elemento importante dela.

Non teñen nin o mais mínimo escrúpulo en utilizar a dor allea para facerse ver e medrar, porén, o seu negocio, e, lóxicamente, quen non comparte o seu desaprensivo modus operandi, e, ademais, o evidencia, estorba, polo que hai que tentar, por todos os medios, que desaparezca. O seu é subirse ao carro mediático, facer unhas cantas aparicións estelares, desas que fan moito ruido e as sacan en moitas fotos, e a vivir, e ben ademais.

Din que son activistas as vintecatro horas do día, os trescentos sesenta e cinco dias do ano, pero nunca explican, básicamente porque tampouco semella que a nadie lle preocupe, de que viven, xa que o seu día a día vai de xuntanzas aquí e alá, concentracións varias, etc, etc, pero a moi poucas se lles coñece oficio.

Eso si, comen como todo o mundo, teñen casa, luz, auga, etc, etc……Que alguien me explique como vai isto, porque, francamente, eu non o teño nada claro.

Resumindo: Por moito que me amole debo recoñecer que é certo eso que me recriminaban. Teño moitos paxaros na cabeza, e, ainda a día de hoxe, con moitos anos xa as costas, e moitas vivencias, me custa asumir que exista xente tan desaprensiva, por non dicir tan mala,que sexa quen de nutrirse e medrar da dor dos demais.

E ainda mais me custa entender que se lles apoie, se lles aplauda e se fomenten os seus manexos.

O peor de todo é que fan dano, moito dano, porque hai persoas que están a pasalo mal, e que, coma min, teñen moitos paxaros na cabeza, e chegan a crer no que din, pensando que lles van tender unha man, sen decatarse de que o único que están a facer é utilizalos.

As veces, é posible poñerlle remedio. Outras, lamentablemente, é demasiado tarde, pero non é algo que preocupe a quen provocou ese dano.

Bastante teñen con seguir buscando novas presas, pero é o que ten o negocio, non se pode descoidar.