Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAFoz

O Pleno de Foz aprobou a moción presentada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

Por 1 Febreiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz aprobou en pleno, coa abstención do PP, a proposta elaborada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña para un servizo de pediatría de calidade. Os membros da plataforma acudiron ao pleno de Foz, onde se presumía que se debatería por urxencia a moción presentada en todos os concellos en defensa do servizo de pediatría, xa que non figuraba na orde do día.

Tras votarse a urxencia e ser lida pola Alcaldía, todos os grupos da oposición demandaron a súa defensa por parte do colectivo sanitario, e foi nesta ocasión a coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, quen se encargou de defendela de forma concisa, a petición da Alcaldía. Eso non impediu que recalcara que “aínda que en principio poidera parecer que se trata dunha moción que afecta a certos concellos, en realidade é máis ampla e de ámbito comarcal, pois ainda que agora mesmos hai certos concellos en situación de emerxencia , esta situación pode repetirse en calquera localidade cando a pediatra de familia colla un permiso  ou baixa”. Do mesmo xeito, Montse Porteiro apelou á “solidariedade que debe asistir a calquera gobernante cando os concellos veciños padecen dun problema tan grave e que mesmo pode reverter a calquera localidade”.

O colectivo sanitario agradeceu á oposición a deferencia que tiveron ao ceder a palabra á  Plataforma Sanitaria e a solidariedade coa coamarca e coas veciñas e veciños de Foz emitindo o seu voto favorable.