Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Os candidatos de Ribadeo Nos Une asegueran que non cobrarán salarios se acceden a Alcaldía

Por 13 Febreiro, 2019Sin comentarios

O candidato á Alcaldía ribadense da lista independente Ribadeo Nos Une, Ramón Acuña, e o número 2, Antonio Vicente Fernández, asinaron ante notario que en caso de gobernar non cobrarán soldos das arcas municipais.
Acuña engade que os salarios do actual alcalde e dos concelleiros do goberno local que perciben do Concello supoñen un gasto de 600.000 euros nos catro anos deste mandato e considera que ese diñeiro débese destinar a cubrir necesidades do municipio.
Ramón Acuña explicou que “dentro da liña que nos propuxemos de mellorar as cousas, creemos que hai que facer un compromiso que alcance a toda a cidadanía e que entenda que o diñeiro público sae dos nosos impostos e hai que gastalo do mellor xeito posible. Nós temos un estudo que reflicte que se gastaron nestes catro anos de mandato en torno a 600.000 euros e creemos que ese diñeiro débese aplicar a outras cuestións como obras ou axudas sociais, pero non entendemos que os servidores públicos nestes momentos estean simplemente ao seu propio servizo”.
Acuña engadiu “fixemos un compromiso de que, en caso de nós alcanzar o goberno do Concello ou de que por algunha circunstancia teñamos que facernos cargo dalgunha delegación, non teriamos ningunha remuneración salarial do Concello; e ese diñeiro, lógicamente, vaise a dedicar a outras cuestións”.
O candidato á Alcaldía de Ribadeo Nos Une comenta que “a nosa situación persoal neste momento, tanto do número 1 como do número 2, está fóra de toda dúbida, posto que estamos xubilados. E creemos que, ademais de que xa estamos cobrando un salario bastante digno, o noso tempo hai que cedelo á cidadanía e que todos sexamos partícipes dunha mejoría. Aínda que é certo que nós queremos con este acto, que foi simbólico e de compromiso xa que non fai falta asinar un poder notarial como nós fixemos, que as cousas queden claras. E ademais é un compromiso que entendemos que debería ser secundado por todos aqueles que esperan alcanzar a Alcaldía do noso municipio, para que dese xeito enténdase por parte de todos que o feito de estar no Concello non é para que as nosas economías persoais aumenten senón de facer un servizo para o pobo”.