Skip to main content
ActualidadeXove

O Concello de Xove repartirá no Entroido e case 4.000 euros en premios

Por 14 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Xove organiza para o día 1 e 2 de marzo a festa de Entroido. No que haberá un festival da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas da vila para rematar co propio Festival no Salón de  Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
Os actos centrais do Entroido vanse desenvolver o sábado 2, onde haberá pasarrúas a cargo da charanga Os Charangos ás 16:00. Acto seguido haberá un desfile polas rúas con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Ás 18:00 será a quenda do baile infantil de disfraces coa discoteca móvil Decibelios no pavillón de deportes, e no intermedio farase entrega dos premios do Desfile infantil. Xa pola noite haberá outro baile de disfraces coa actuación do grupo Fénix e a discoteca móvil Decibelios e no intermedio farase entrega dos premios aos maiores.
 A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito. Xa están abertas as inscricións para participar no desfile, e poden facerse no Concello ata o 1 de marzo.
O Concello ten previsto que  todos os participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile antes do 10 de febreiro, reciban un agasallo de parte da Organización. Os que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do pavillón de deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
Os premios para as carrozas serán de 500 euros para o primeiro, 350 o segundo e 250 para o terceiro e cuarto. Para as comparsas e grupos de dez persoas ou máis os premios serán de 300 euros o primeiro, 250 o segundo e 200 euros para o terceiro e cuarto. Para os grupos de adultos de 3 a 9 persoas serán de 130 o primeiro, 100 o segundo e 70 euros para o terceiro e cuarto posto. Para os grupos infantís de 3 a 9 persoas os premios serán de 120 euros para o primeiro, 90 para o segundo e 60 para terceiro e cuarto. Para parellas de adultos serán de 70 euros o primeiro, 60 o segundo, e 50 para terceiro e cuarto. Para parellas infantís serán de 60 euros o primeiro, 50 o segundo, e 40 para terceiro e cuarto. Para ndividuais adultos serán de 60 euros o primeiro, 50 o segundo, e 40 para terceiro e cuarto. Para individuais infantil serán de 50 euros o primeiro, 40 o segundo, e 30 para terceiro e cuarto.
Ademais haberá un premio para o disfraz mais orixinal, pode ser tanto individual como colectivo,un premio ao participante máis maior e outro premio ao conxunto mais numeroso. Todos eles levarán un premio de 30 euros cada un.
Asímesmo, o participante mais novo recibirá un agasallo valorado en 30 euros, polo que será o Concello quen faga fronte ao pago ao establecemento comercial no que se adquira.