Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABurelaMar AMARIÑAXA

Expomar estase a promocionar estes días en Bilbao

Por 13 Febreiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A Feira Náutico Pesqueira Expomar estase a promocionar en Bilbao, en Sinaval do 12 ao 14 de febreiro. Ata alí se desprazou o xerente da Fundación, José Manuel González. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o evento, que se celebrará en maio, contará con 500 metros máis de superficie da habitual e subliñou que xa está toda ocupada cos expositores e empresas que se darán cita en Expomar 2019. A comisión organizadora manterá unha nova xuntanza de traballo o vindeiro venres, 15 de febreiro, ás 13:00 horas.
O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, declarou que  “Bilbao Sinaval é unha das feiras náutico pesqueiras máis importantes para o sector que se fan en España e nosoutros como consideramos que debemos aprender e tratar de falar en todos os medios de Expomar ata alí foi o xerente da Fundación. José Manuel González mantivo moitísimas reunións con diferentes sectores e deu a coñecer a nosa feira Expomar, que xa era coñecida en Bilbao. O que se está facendo é xestión penso que rigorosa e para mellorar en todo canto poidamos a feira”.
Alfredo Llano cre que “este 2019 vai ser unha boa edición da nosa feira. Agora mesmo xa está totalmente ocupado todo o recinto, imos ampliar 500 metros máis e chegar ata os 4.000 metros no mesmo recinto feiral. Imos facer un arranxo para poder ampliar ese espazo. Estamos tratando de traer o mellor do sector para Expomar e que sexa o máis positiva posible, tendo en conta todos os mecanismos, todas as necesidades e todos os intereses do sector da pesca, xa que é moi importante esta defensa do sector e impulsalo o máximo posible”.
O rexedor burelés engadiu que “o xerente fixo en Bilbao unha xestión extraordinaria. Alí hai un tratamento, que a min tamén me parece moi importante e temos que mirar aquí, de foros internacionais para tratar a pesca non soamente no local senón transcender un pouco máis para ver como está no internacional. Imos traer o positivo da feira de Bilbao e imos convidar a moita xente que agora mesmo está alí na exposición ou colaborando”.
O presidente da Fundación Expomar adiantou que “este venres, día 15, imos falar disto, entre outras cousas, nunha reunión que imos facer pola mañá en Burela para analizar a nosa feira e ir avanzando en todo aquilo que sexa importante para que saia moi ben a vindeira edición. Estamos moi interesados en que así sexa”.