Skip to main content
ActualidadeViveiro

O luns cortarán durante cinco días a avenida de Cervantes en Viveiro

Por 17 Febreiro, 2019Sin comentarios

O luns, 18 de febreiro, procederase ao peche ao tráfico da avenida de Cervantes no seu acceso dende a Travesía da Mariña. Este corte realizarase a partir das 9:30 horas, cunha duración estimada de cinco días. Por este motivo, o tráfico será regulado con semáforos que se instalarán en Rego das Frores e Río dos Foles, desviando o tráfico rodado por Rego das Frores para o acceso a Nicolas Cora e casco antigo.

Durante estes días, o Concello de Viveiro procederá a realizar labores de mantemento e arranxo de diversas pedras do pavimento, cuxa conservación se viu agravada polas riadas acontecidas no pasado mes de novembro.

Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar á veciñanza, lémbrando que para calquera dúbida ou consulta ou respecto poden poñerse en contacto coa Policía Local.