Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

O Concello de Mondoñedo inicia o Servizo Actívate con numerosas actividades para os veciños

Por 19 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de iniciar con numerosas actividades o Servizo Actívate nos locais sociais das parroquias. A rexedora, Elena Candia, explica que o Goberno local “aposta así por achegar as actividades ao rural e polo adecentamento dos locais sociais, de maneira que xa se arranxaron varios”.
As actividades, todas elas de balde financiadas polo Goberno local, desenvolveranse de luns a sábado en horario de tarde entre os meses de febreiro e maio e pretenden ser unha alternativa de entretemento para os veciños das diferentes parroquias da localidade onde se impartirán clases de cociña, manualidades e ximnasia de mantemento.
Candia explica que dende a administración local “temos en conta tamén o rural do noso municipio” e, polo tanto, “deseñamos un proxecto de dinamización social que conta con catro actividades diferentes coas que ofrecerlles aos veciños e veciñas das parroquias distintas alternativas para o seu tempo de lecer”, engade a rexedora.
Os luns ás 16:00 horas haberá clase de manualidades en Oirán e ás 18:15 horas en Santa María Maior. Ás 20:00 horas haberá clases de cociña no Carme.
O martes será a quenda das clases de cociña ás 18:00 horas en Masma e ás 20:15 en Figueiras.  Mentres que os mércores as clases de cociña serán ás 20:00 horas en Sasdónigas. O xoves as clases de cociña serán en Argomoso ás 20:00 horas.
Os venres haberá ximnasia de mantemento ás 18:30 horas nos Muíños e ás 20:45 horas en Viloalle. O sábado ás 21:30 haberá clase de zumba en Estelo.