Skip to main content
ActualidadeFoz

O alcalde de Foz pide novas obras de mellora para os centros educativos

Por 4 Febreiro, 2019Sin comentarios

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, trasladou ao Goberno Central galego a necesidade de acometer unha serie de obras de mellora nos centros educativos da localidade.
Entre as obras propostas está a renovación dos canlóns de augas pluviais no CEIP O Cantel, actuación que complementa e completaría os traballos executados durante o verán neste mesmo centro coa mellora da cuberta do pavillón.
O alcalde tamén solicitou a substitución da caldeira do CEIP número 1. A iniciativa permitirá modernizar o sistema de climatización actual por un moito máis eficiente desde o punto de vista enerxético e funcional.
Desde a administración autonómica non só toman nota destas dúas actuacións senón que incluso veñen de confirmar que serán executadas nas próximas semanas con cargo ao fondo RAM (Reforma, ampliación e mellora) cunha achega que supera os 23.000 euros.
O rexedor tamén pediu que se valore unha remodelación en profundidade do colexio Número 1, que xa no ano 2013 celebrara o seu 50 aniversario.  Cómpre lembrar que esta mesma semana anunciaron que se vai a executar unha obra de ampliación e mellora do instituto de Foz, en concreto do salón de actos, comedor e cafetería de prácticas, para a que se reservan 300.000 euros.