Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAViveiro

O BNG de Viveiro organiza unha asamblea aberta para os veciños

Por 6 Febreiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Dende o BNG de Viveiro organizan para o vindeiro venres 8 a partir das 19:00h no seu local da avenida de Ferrol nº1 un encontro aberto a todos os viveirenses para que realicen as súas achegas e opinións sobre o traballo do Concello, en que se pode mellorar como organización e como mellorar Viveiro.
Un acto no que queren escoitar á cidadanía e darlle a voz, está aberto a todas as propostas, preguntas ou críticas que as veciñas e veciños queiran realizarnos.