Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAViveiro

O Concello de Viveiro porá un autobus gratuíto para asistir ás manifestacións do 8M

Por 13 Febreiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Os vindeiros días 3 e 8 de marzo, en Lugo e Santiago, respectivamente, terán lugar as manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O Concello de Viveiro é consciente da necesidade de reivindicar os dereitos das mulleres na nosa sociedade en todo os ámbitos, dando deste xeito continuidade ás reivindicacións iniciadas en 2018, no que todos os estamentos sociais manifestaron o seu apoio a esta causa logrando que a manifestación do 8M acadase unha proxección e poder de convocatoria históricos.
Dende o Concello de Viveiro e, en concreto dende a Concellería de Cultura e Muller, realizáronse as xestións necesarias para facilitar o desprazamento ata Lugo e Santiago de todas aquelas persoas que queiran participar nestas concentracións. Para isto, vaise fletar un autobús, para asistir a cada unha destas concentracións, no que poderán viaxar de xeito gratuíto todas aquelas persoas interesadas ata completar as prazas. Para facer uso deste servizo, é preciso anotarse no Centro de Información á Muller, sito nos Claustros de San Francisco, antes do 22 de febreiro.
Finalmente, dende o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a participar nestas manifestacións co fin de reivindicar os dereitos da muller, unha loita que precisa do compromiso de todos e todas para defender os dereitos conquistados e seguir loitando polo moito que queda por facer.